Empate na estrea do Celta Fortuna
Empate na estrea do Celta Fortuna
O Barakaldo remontou en Balaídos tras ir 2-0 por baixo
O Celta Fortuna estreouse en Balaídos ante o Barakaldo cun equipo cheo de caras novas. Os de Freddi contan cun cadro de xogadores moi renovado, onde o temón do equipo seguen a "veteranos" do equipo como Dela, Gael Alonso ou Fer López.
Precisamente foi Fer López quen demostrou estar afeito ao verde de Balaídos. Ao canteirán celeste non lle pesaron as faltas dos Alfon, Pablo Durán e compañía, e guiou a ofensiva do Celta na primeira metade. No minuto nove, tras un erro na saída de balón do Barakaldo, apareceu un debutante, Johan Guedes para inaugurar o marcador.
Tan só once minutos máis tarde apareceu Manu Fernández para poñer o segundo para o Celta Fortuna e, aparentemente, definir o rumbo do partido. Para desgraza celeste o partido non sería coser e cantar. Ekaitz empurrou o balón á rede de Marc Vidal no minuto 36 e meteulle o medo no corpo aos vigueses.
Pouco máis tarde do asubío do árbitro tras o descanso chegou o empate. Kepa puxo as táboas no mesmo minuto 46, e ese resultado non se movería ata o final. Na segunda metade o Celta Fortuna non foi de xerar o perigo necesario para volverse adiantar, e iniciaría así a liga con empate.