A eurocidade Tui-Valença fai dez anos
A eurocidade Tui-Valença fai dez anos
Galicia ten catro eurocidades que facilitan a vida dos seus veciños compartindo servizos
Durante dous días as dúas vilas organizan actividades para celebralo
Hai dez anos que a eurocidade Tui-Valença era creada para mellorar a vida dos seus veciños. Nesta década avanzouse en proxectos e servizos compartidos que hoxe se celebran con máis forza se cabe despois de estaren separados pola pandemia.
Con eses dous peches de fronteira que houbo durante o peor da pandemia, aos 35.000 veciños da eurocidade quedoulles aínda máis claro que funcionan como unha soa vila. Hoxe xoves están de celebración. As autoridades Galegas e portuguesas subliñaron nesta xornada a importancia cultural e comercial dos lazos que unen Tui e Valença, que dende 1895 están conectadas por esa ponte de ferro histórica.
O xoves pola tarde continuou a celebración na escola de empresariais de Valença con debates e conferencias sobre os desafíos e tamén o balance de todo o bo que trouxo esta ligazón apoiada por fondos europeos que facilitou a vida aos veciños unificando servizos, como expresou o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda na súa visita á eurocidade.