Publicador de contidos

Publicador de contidos

A exministra Maroto afirma que o seu único contacto con De Aldama foi para derivalo a Turespaña

A exministra Maroto afirma que o seu único contacto con De Aldama foi para derivalo a Turespaña

Víctor De Aldama propuxera un proxecto de reactivación turística tras a pandemia da COVID-19

Turespaña afirma que o proxecto non se realizou finalmente

A exministra Reyes Maroto
G24.gal 29/01/2025 12:19

A exministra Reyes Maroto explicou este mércores no Senado que o seu "único contacto" co empresario Víctor de Aldama, investigado no caso Koldo, foi contestarlle ás mensaxes nos que propoñía un concerto musical e derivalo a Turespaña para facer a citada proposta.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo entre 2018 e 2023 e actual voceira do PSOE no concello de Madrid explicouno así ao responder á senadora María Caballero, a primeira en interrogala durante a súa comparecencia na comisión de investigación do caso Koldo na Cámara Alta.

"O único contacto que eu tiven co señor Aldama circunscríbese a este proxecto que derivo ao director de Turespaña", afirmou Maroto, despois de indicar que non lembra máis relación con De Aldama.

Maroto explicou que a súa relación con De Aldama foi "moi puntual" e consistiu en que tras o confinamento pola pandemia da COVID-19 el propuxo un proxecto de reactivación turística e entón ela contestoulle para derivalo a Turespaña.

Ese proxecto, que consistía nun concerto musical en Madrid, non saíu adiante, segundo trasladaron desde Turespaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade