Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montero defende o seu xefe de gabinete tras a citación do Supremo: "Poño a man no lume por el"

Montero defende o seu xefe de gabinete tras a citación do Supremo: "Poño a man no lume por el"

O ministro Torres admite "unha mensaxe" con Aldama, pero di que é imposible que probe as acusacións por que son "falsas"

Page advirte que Aldama é "unha bomba de acio"

O PP esixe a dimisión do ministro Torres polas súas mensaxes con Koldo

G24.gal 05/02/2025 14:21

O xuíz do Supremo que investiga o caso Koldo non afrouxa. Chama de novo a declarar o exministro Ábalos, pero xa como investigado, e pídelle á UCO que rastrexe o seu patrimonio e o do seu fillo. Pero tamén quere saber se son certas as acusacións de Aldama sobre o xefe de gabinete da vicepresidenta Montero, ao que acusa de cobrar 25.000 euros a cambio de favores.  A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero mantense firme na defensa do seu colaborador e volve pór "a man no lume por él". 

O instrutor tamén pon o foco sobre as comunicacións do ministro Torres. Quere coñecer todas as mensaxes que intercambiou con Ábalos, Koldo e Aldama. Busca probas das presuntas mordidas.  Torres si recoñece ter unha mensaxe de Aldama no seu móbil, pero asegura que é imposible que poida demostrar que lle pediu 50.000 euros e que utilizaba un piso para encontros porque "nunca pasou".

Os de Feijóo non o cren e piden a súa dimisión inmediata. Din que as últimas mensaxes publicadas en El Confidencial demostran que "mentiu", segundo Elías Bendodo, o vicesecretario de Coordinación Autonómica do Partido Popular A investigación aberta contra Ábalos, Torres ou Santos Cerdáns e o papel de Aldama na trama preocupa máis aló da Moncloa. O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García Page advirte que Aldama é "unha bomba de acio" por que é coma o "perexil, que está en todas as salsas". O barón socialista admite que a situación é un precipicio perigoso, pero agarda que o partido poida saír limpo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade