Noite negra de Champions para o Barcelona e o Atlético de Madrid
Noite negra de Champions para o Barcelona e o Atlético de Madrid
O Barcelona tiña a eliminatoria controlada co PSG, pero a expulsión de Araújo provocou o cataclismo (1-4) cun dobrete de Mbappé
O Atlético comezou perdendo (2-0), logrou empatar pero concedeu dous goles que o apartan do soño europeo (4-2)
Noite negra para o fútbol español na Liga de Campións, coa eliminación do Barcelona e do Atlético de Madrid en dúas eliminatorias que traían en vantaxe dos partidos de ida.
Dominaba o Barcelona (2-3 na ida) o partido co gol de Raphinha no minuto 12 do primeiro tempo. Traía vantaxe do Parque dos Príncipes e o pase ás semifinais da Champions parecía encamiñado, pero un cartón vermello a Araújo cambiou a sorte do enfrontamento.
🟥 La expulsión de Araujo.#UCL#LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/RFJFfCKb83
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 16, 2024
Estar en superioridade e coa necesidade de marcar tres goles para remontar revitalizou o PSG, que recortou diferenzas no primeiro tempo cun gol de Dembelé. E nos primeiros quince minutos da segunda metade Vitinha e Mbappé de penalti dábanlle o pase aos de Luís Enrique.
Pulsaciones al suelo.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 16, 2024
Mbappé no falla.#UCL#LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/FVFRJBMfvb
O Barça pelexou ata o último intre pero acabou perdéndose en protestas e expulsións co colexiado (Xavi e un auxiliar viron o vermello) e caendo eliminados dun xeito cruel logo dun cuarto gol marcado por Mbappé.
O Atlético remonta pero acaba perdendo por 4-2
Ao Atlético de Madrid pasoulle xusto o contrario. Estivo contra as cordas ao recibir dous goles no treito final da primeira metade (Brandt e Maatsen) e remontar o Dortmund a eliminatoria que viña cun 2-1 do Metropolitano.
34' - Gol de Sabitzer
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 16, 2024
39' - Gol de Maatsen
El Borussia Dortmund da la vuelta a la eliminatoria.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Y3uN1L1BwR
Os de Simeone recuperaron e conseguiron igualar o partido cos goles de Hummels, en propia porta, e de Ángel Correa.
💙🤍 Por los 4.000 de Dortmund. El Atleti vuelve a liderar la eliminatoria.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/VEK6ldPykk
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 16, 2024
No medio da tolemia o Dortmund volveu adiantarse grazas ao acerto de Fullkrug (minuto 71) e tres minutos máis tarde Sabitzer volvía eliminar o equipo madrileño.