Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fábrica de turbinas de Navantia busca novos mercados no campo das enerxías verdes

A fábrica de turbinas de Navantia busca novos mercados no campo das enerxías verdes

A planta fabricará electrolizadores para o hidróxeno en proxectos para Repsol ou Enagás

G24.gal 05/03/2024 14:48

Cun investimento global de cinco millóns e medio de euros, a fábrica de turbinas de Navantia diversifica as súas instalacións cara a novos nichos de mercado.

"A fábrica de turbinas  está sufrindo unha transformación importante con novas entradas de persoal e a inversión en nova maquinaria para ser capaz de acometer os retos que o estaleiro nos está demandando" afirma Alejandro Torre, Xefe de Programas de Navantia Turbinas.

Nas instalacións da planta de máis de 40 mil metros cadrados de superficie conviven o mantemento das centrais nucleares españolas coas novas enerxías verdes. O futuro, din, pasa polo hidróxeno, cunha tecnoloxía na que Navantia é punteira.

"Fabricariamos e montaríamos os electrolizadores, a parte clave para o hidróxeno. Xa chegamos a algún acordo con empresas como Repsol e Enagás e agardamos que a finais deste ano ou principios de 2025 poidamos ter algo concretado", di Victoria Prieto, xefa de Produción de Turbinas.

Canda os novos produtos, turbinas mantén a esencia do estaleiro: a construción naval militar. Aquí fabrican e axustan os motores das novas fragatas da Armada española e tamén doutros buques de mariñas europeas.

"Estamos na realización de seis engrenaxes para tres buques de aprovisionamento loxístico para a Royal Navy", asegura Elena Rodríguez, Xefa de Programas Militares".

Unhas instalacións de vangarda coas que Navantia busca captar novos clientes internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade