Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta dalgúns medicamentos nas farmacias segue a ser un problema estrutural

A falta dalgúns medicamentos nas farmacias segue a ser un problema estrutural

A escaseza está afectando sobre todo a fármacos para a diabetes, algunha benzo-diacepina e algún psico-estimulante

A falta dalgúns medicamentos nas farmacias españolas é un problema estrutural
G24.gal 20/07/2024 14:39 Última actualización 20/07/2024 15:08

A falta dalgúns medicamentos nas farmacias segue sendo un problema do que falamos cada verán. Neste 2024 a escaseza está afectando sobre todo a medicamentos para a diabetes, algunha benzo-diacepina e algún psico-estimulante. 

Esta escaseza é un problema estrutural en toda Europa. En Vigo, hoxe faltan antibiótiocos, concretamente o Pylera, o famoso Ozenpic para a diabetes, pero moi receitado para adelgazar, ou un medicamento que é indispensable para tratar o TDAH que se chama Concerta.

A comunidade farmacéutica está debatendo cales son as causas destas faltas tan comúns. A desconexión entre médicos receitando e farmacéuticos despachando, ou a deslocalización da produción son dous dos posibles factores.  

Segundo a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios neste verán 2024 hai 819 prestacións de medicamentos que escasean.  

"Falta Ozempic, 0,25 mg e 0,5 mg, os de déficit de atención, Atenza, Concerta, Rubicrono, faltan case todos, e iso que imos suplindo algunhas baixas porque os atopamos noutros almacéns, e tamén falta o Lexatín e ansiolíticos", conta Vanesa Otero, a titular da farmacia de Balaídos.

Na provincia de Pontevedra utilizan a rede de farmacias dixitais, Farma Helth, unha homónima de Luda Parterns, a escala mundial, onde os farmacéuticos localizan os medicamentos para que a clientela poida ter a súa medicación o antes posible. 

"Nós lanzamos o numeriño de referencia, o código nacional do medicamento, e as farmacias que estean atentas ven se teñen o stock do medicamento. Téñoo ou non o teño. Tamén che poden dicir se hai substituto e se teñen ese substituto", explica á TVG Jorge Pérez, farmacéutico na farmacia Vieitez López.

Un problema estrutural que ten moitas causas:

"Porque falta comunicación entre farmacéutico e médico ou entre o farmacéutico e o PAC e iso para nós é un hándicap que temos que solucionar xa e de inmediato", relata o farmacéutico Jorge Pérez.

"Certo que é a escala mundial, pero é que en España os medicamentos son moi baratos, o Goberno paga pouco polos medicamentos, e os laboratorios deciden mandar o 90 % da súa produción a outros países, que pagan máis, e entón quedamos desabastecidos aquí", engade a farmacéutica Vanesa Otero.

O problema é maior cando falamos de doentes crónicos que poden estar ata un mes ou máis buscando.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos