Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de auga, causa máis probable da morte de troitas no río Miño en Lugo

A falta de auga, causa máis probable da morte de troitas no río Miño en Lugo

A escaseza de chuvia deste ano fai que en moitos puntos sexa posible cruzar o Miño camiñando

As troitas foron retiradas por axentes de Medio Ambiente nas beiras do Miño en Lugo
G24.gal 29/08/2023 12:54

Axentes de Medio Ambiente retiraron nas últimas horas troitas mortas das beiras do río Miño, en Lugo. Apareceron na contorna da ponte romana e a antiga fábrica da luz. Todo indica que os peixes morreron polo baixo nivel de osíxeno, provocado pola escaseza de auga no leito. Veciños da zona din que non lembran ver o río Miño tan baixo.

A escaseza de chuvia deste ano fai que en moitos puntos sexa posible cruzar o Miño camiñando. Os veciños están preocupados pola morte dos peixes e polos problemas de abastecemento que poidan chegar se a situación non cambia.

Haberá que agardar os resultados das mostras tomadas por persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para confirmar que a morte dos peixes se debeu á escaseza de auga ou ben se había algunha substancia tóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos