A paixón pola selección feminina inunda Pontevedra e O Salnés

O equipo de Montse Tomé fixo o derradeiro adestramento antes do partido que xogarán contra Italia este venres

G24.gal 30/11/2023 19:51

Houbo longas ringleiras para conseguir unha das últimas 1.200 entradas que se poñían á venda para ver a selección española fronte a Italia. As localidades, liberadas da cota que Italia tiña asignada, vendéronse na sede da Federación Galega de Fútbol, a carón do estadio de Pasarón. 

Un repentino cambio de plans frustrou a posibilidade dos afeccionados de ver adestrar a selección esta tarde en Cambados. Algún dos máis pequenos ata podía cuantificar a súa decepción. Pero houbo que conformarse con velas dende a barreira. Montse Tomé agracedeulles o esforzo.

A selección adestrouse en Burgáns para que o céspede de Pasarón estea nas mellores condicións ante Italia. Todas as xogadoras están dispoñibles para ese encontro. A clasificación para a final a catro da Nations League pode pecharse en Pontevedra. España conta os partidos por vitorias neste torneo.

Agárdase cheo en Pasarón. A selección española segue sumando os mellores efectivos: unha lexión de afeccionados incondicionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos