Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación e a Liga, de novo ensarillados, agora pola Primeira Federación

A Federación e a Liga, de novo ensarillados, agora pola Primeira Federación

Tebas di que os dereitos en aberto da Primeira División non pasan dos 150.000 euros tempada

G24.gal 15/02/2023 16:38 Última actualización 15/02/2023 16:44

Liga e Federación, Federación e Liga outra volta ensarillados nun cruzamento de acusacións, agora por volta das contas da Primeira Federación.

Luis Rubiales contestou cun vídeo sentíndose imputado por Tebas e lanzando ao aire unha pregunta, mentres recorda os 20 millóns que a Federación mete na 1ª RFEF.

Disparos con artillería contable afirmando Tebas que os dereitos en aberto da Primeira División non pasan dos 150.000 euros por tempada e os da categoría de prata, nin chica.

Coa mediación do Goberno, Liga e Federación, acadaron un acordo para a volta do fútbol aos estadios en plena pandemia e froito daquel acordo a tres bandas, a Federación pasaba a recibir o 1% dos cartos que xeraba a Liga. Así o recordou Tebas a Rubiales e a así foi a réplica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade