Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación reforza a De la Fuente, que seguirá ata o Mundial de 2026

A Federación reforza a De la Fuente, que seguirá ata o Mundial de 2026

A selección española xoga este mércores o primeiro amigable preparatorio para a Eurocopa 

G24.gal 04/06/2024 22:04

A selección española enfróntanse mañá a Andorra en partido amigable de preparación para a Eurocopa, para a que faltan dez días. A noticia na concentración está na renovación de Luis de la Fuente. O contrato do seleccionador remataba no medio da Eurocopa, e a Comisión Xestora da Federación acordou a súa ampliación e a do seu corpo técnico ata o 2026.

De la Fuente adestrou cos 25 xogadores dispoñibles que ten para disputar este mércores o primeiro dos dous amigables previstos antes de viaxar a Alemaña. O partido celebrarase en Badaxoz, alí chegou a selección esta tarde entre unha grande expectación polos afeccionados que agardaban. De la Fuente mostrábase contento en sala de prensa pola súa renovación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar