A femia do polbo morre en canto nacen as crías
A femia do polbo morre en canto nacen as crías
Un vídeo gravado na ría de Vigo resume todo o proceso reproductivo destes cefalópodos
Todo o proceso comeza coa cópula.
"É moi lento e aburrido para o que pensamos do sexo dos animais", explica José Irisarri Castro, documentalista submariño e coautor do vídeo que amosa todo o proceso reprodutivo dos polbos en liberdade.
A femia garda o esperma de varios machos ata que decide depositar os seus ovos nunha cova. Irisarri explica: "Crea unha muralla de pedra infranqueable para os depredadores. Comeza a depositar ovos, ata 300.000 ou máis".
O seu compañeiro neste proxecto, o biólogo mariño Álvaro Roura, destaca o minucioso do proceso: "Saca ovos un a un, que colga do teito. Pasará dous ou tres meses limpándoos, evitando que os coman os cangrexos, osixenándoos co sifón".
O malo para a femia chega cando as crías saen da cova. "Eses cinco meses de coidado da posta, a femia non come, e consómeselle a metade do corpo. É o acto vital final da femia. Despois, as súas forzas foron consumidas e xa morre", conclúen os autores do vídeo.
José Irisarri conta cun canal de YouTube en que se poden ver máis vídeos sobre a riqueza da Ría de Vigo e a necesidade de preservar o medio mariño.