Scotland Yard investigará as festas de Boris Johnson durante a pandemia en Downing Street
Scotland Yard investigará as festas de Boris Johnson durante a pandemia en Downing Street
A festa de aniversario de Boris Johnson eleva a presión sobre o primeiro ministro inglés
Keir Starmer volve pedir a Johnson que dimita
A festa de aniversario de Boris Johnson eleva a presión sobre o primeiro ministro inglés. A canle de televisión británica ITV revelou que o primeiro ministro británico, Boris Johnson, celebrou o seu aniversario o 19 de xuño de 2020 cunha festa en Downing Street á que asistiron unhas 30 persoas.
Este descubrimento incrementa a presión sobre Johnson, que está xa no punto de mira pola serie de eventos sociais que se celebraron no mesmo lugar e outros departamentos do Goberno cando as reunións sociais en interiores estaban prohibidas pola pandemia de coronavirus.
Un portavoz do despacho oficial de Johnson declarou á prensa que "un grupo de empregados que estaban a traballar no número 10 de Downing Street aquel día xuntáronse brevemente na sala do gabinete tras unha reunión para desexar felice aniversario ao primeiro ministro". E di que o mandatario conservador "estivo alí menos de dez minutos".
Segundo ITV, foi a esposa do xefe de Goberno, Carrie Johnson, quen contribuíu a organizar unha celebración "sorpresa" que levou a cabo na sala do gabinete, onde se reúnen periodicamente o xefe do Executivo e os seus ministros.
Na súa descrición da reunión, a canle indica que os asistentes consumiron "comida de pícnic" adquirida nun supermercado e estiveron xuntos durante uns 20 ou 30 minutos.
Ademais, aquela mesma noite o primeiro ministro recibiu "amigos da familia", segundo a canle, no seu apartamento oficial, o que tamén contraviría as normas vixentes entón para frear a expansión do coronavirus.
Defensa de Johnson
Downing Street recalcou que esa información é "totalmente falsa": "En liña coas regras daquel momento, o primeiro ministro recibiu un número reducido de familiares no exterior aquela noite", detallou o portavoz oficial de Johnson.
Reaccións da oposición
O líder da oposición, Keir Starmer, volveu pedir a Johnson que dimita, en favor do "interese nacional": "A opinión pública xa concluíu que Johnson rompeu as normas e non dixo a verdade sobre iso. Iso significa que non ten a autoridade para liderar o país", dixo Starmer.
Pola súa parte, Scotland Yardas investigará as festas de Boris Johnson durante a pandemia en Downing Street.