A Fiscalía Europea asume a investigación do caso Koldo
A Fiscalía Europea asume a investigación do caso Koldo
Tras comprobar que un deses contratos estaba cofinanciado con fondos europeos decidiu investigar todos os contratos públicos adxudicados á mesma empresa
A Fiscalía Europea asume a competencia do coñecido como caso Koldo, no que a Audiencia Nacional investigou ata o de agora a adxudicación dunha serie de contratos de máscaras a unha empresa en plena pandemia e na que un dos principais imputados é Koldo García, exasesor do exministro José Luis Ábalos.
Tras solicitar información ao xuíz ao comprobar que un deses contratos estaba cofinanciado con fondos europeos, a Fiscalía Europea decidiu asumir toda a causa e "así investigar conxuntamente a totalidade dos contratos adxudicados polas distintas Administracións Públicas á mesma empresa nun breve período de tempo", segundo informa nun comunicado.