Cargando resultados...
A Fiscalía prorroga seis meses a investigación de Xoán Carlos I
Adíanse as dilixencias á espera da información de Suíza

G24.gal
02/12/2021 20:44
A Fiscalía prorroga seis meses a investigación sobre as finanzas do rei don Xoán Carlos.
A prórroga débese a que os fiscais están esperando o resultado das investigacións que se están levando a cabo en Suíza.
Esta decisión atrasa o posible peche das dilixencias de investigación. A decisión final sobre estas pescudas non se coñecerá ata pasado o Nadal.