Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paro de transporte deixa sen saída ao mercado as producións agrícolas

O paro de transporte deixa sen saída ao mercado as producións agrícolas

Os custos de produción nos cultivos da Limia poden chegar a 7.000 euros por hectárea

Empresas hortofroiteiras traballan só ao 35 % da súa capacidade

Apelan ao diálogo para evitar o colapso na cadea láctea

G24.gal 22/03/2022 13:58

O gasóleo duplicou o seu prezo, a luz cuadruplicouno e os fitosanitarios, fertilizantes e sementes subiron un 45 %. Así, os produtores de pataca, millo e trigo da Limia afrontan a recollida das colleitas de inverno e a sementeira das de verán cunha total incerteza sobre o que van recibir polos seus produtos. Ademais, a folga está impedindo dar saída ás patacas de outono, que rematan agora o seu ciclo útil.

Na actual situación, cada hectárea de cultivo na Limia acada uns custos duns 7.000 euros. Unha cifra que pode facer inviable o futuro de moitas explotacións polo que reclaman medidas urxentes.

O sector hortofrutícola é o máis afectado pola folga no transporte. Nas cámaras xa non se pode almacenar máis mercadoría e houbo que tirar toneladas de produto, e o problema chega xa ao punto de que os cultivos quedan sen recoller por non poder transportalos. Segundo din, só están traballando ao 35 % da súa capacidade.

Os agricultores cren tamén que a actual situación obrigará a repercutir a suba dos custos dos seus produtos nos consumidores finais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade