Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fronte Polisario cre que as vacacións privadas do presidente en Marrakech son unha mostra de apoio a Marrocos

A Fronte Polisario cre que as vacacións privadas do presidente en Marrakech son unha mostra de apoio a Marrocos

Opina que a elección do destino vacacional do presidente en funcións ten contido político

G24.gal 03/08/2023 16:05

A Fronte Polisario cre que a viaxe do presidente en funcións, Pedro Sánchez, e a súa familia a Marrakech é unha mostra do seu “indiscutible apoio” a Marrocos.

Por medio dun comunicado, o representante en España da Fronte Saharui, Abdulah Arabi, opinou que, a pesar das explicacións de Moncloa de que a viaxe é privada, o certo é que "leva aparellado un enorme contido político".

Así, o comunicado sinala que a propia prensa marroquí interpreta a viaxe de Sánchez como unha mostra do seu “apoio absoluto á ilexítima reivindicación mantida por Marrocos respecto ao Sáhara Occidental”.

Arabi cre que a elección do destino vacacional do presidente en funcións é, ademais, "o único feito co que Marrocos pode aspirar a saír da difícil situación" xurídica na que se atopa por negociar coa UE a pesca no Sáhara coma se fóra en augas marroquís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade