A G2 televisa este mércores os partidos de Copa do Rácing, Deportivo e Compostela

O Compostela recibe o Tenerife no Vero Boquete (12:00)

O Deportivo viaxa a Langreo onde xogará diante do Covadonga (17:00)

O Rácing terá que superar o Marbella, líder do G IV da 2RFEF (20:00)

G24.gal 31/10/2023 21:08

Arrancan as eliminatorias da Copa do Rei e as cámaras da Galega acompañarán o equipo galego máis madrugador. Ao mediodía o Compostela recibe o Tenerife no Vero Boquete. Sopran novos aires no club dende a chegada de Míchel ao banco.

Ás 5 da tarde, noutro dos encontros que poderán seguir nesta casa, mídense Covadonga e Deportivo. Idiákez anuncia cambios no once pero non contempla máis opción que a de pasar de rolda.

Ao igual que o Deportivo, tamén o Rácing de Ferrol xogará en herba artificial. Será ás 8 da tarde e tamén poderán velo na Galega. Os de Cristóbal Parralo visitan o Marbella, que por esixencias da Federación tivo que mudar de campo. O movemento non convence os racinguistas.

Arenteiro e Lugo tamén teñen partido este mércores. O Lugo visita o Club Atlético Antoniano. Os do Carballiño soñan con superar a rolda ante o Avilés e traer un Primeira a Espiñedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar