Publicador de contidos
Publicador de contidos

Riazor acollerá o partido copeiro do San Tirso-Español

Riazor acollerá o partido copeiro do San Tirso-Español

As dúas entidades manteñen boas relacións desde hai tempo e actúan de xeito conxunto nas categorías inferiores

G24.gal 15/10/2024 12:27

O partido de Copa do Rei entre o San Tirso e o Español xogarase no Estadio de Riazor. Así o confirmou o club coruñés que atendeu a petición dos veciños de Abegondo para celebrar un partido tan especial nun escenario de primeiro nivel. A Federación non autorizaba que o encontro se disputase no campo do Monte de Mabegondo e había que buscar unha solución alternativa. 

A posibilidade máis próxima era xogalo en Riazor, e as boas relacións entre os clubs fixeron o resto. Hai que lembrar que Deportivo e San Tirso van da man nas categorías inferiores e que varios equipos do club coruñés (infantís, cadetes) están vencellados ao equipo de Abegondo, lugar onde se encontra o Mundo do Fútbol, lugar habitual de adestramento de todas as categorías do Dépor. 

O encontro xa ten data: será o xoves 31 de outubro ás 19:00 horas. Ese mesmo día, pero ás 21:00 poderemos ver na G2 o partido que xoga o Rácing de Ferrol diante do Cuarte aragonés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade