Publicador de contidos
Publicador de contidos

San Tirso-Español e Compostela-Alavés, na primeira eliminatoria da Copa do Rei

San Tirso-Español e Compostela-Alavés, na primeira eliminatoria da Copa do Rei

O Celta xogará contra o San Pedro de Málaga

As eliminatorias a partido único serán o 29-30-31 de outubro

G24.gal 10/10/2024 13:00 Última actualización 10/10/2024 14:01

Xa temos as eliminatorias da primeira eliminatoria da Copa do Rei. O San Tirso recibirá en Mabegondo aos pericos do Español. Pola súa banda a SD Compostela tratará de eliminar ao Alavés de Vitoria.

O Celta terá que viaxar ata Málaga para xogar ante o San Pedro mentres que o Rácing de Ferrol terá que trasladarse ata Aragón para enfrontarse ao CD Cuarte.

O Pontevedra, de Primeira Federación, recibirá en Pasarón ao Levante.

Os nosos representantes en Segunda Federación tamén teñen rivais: o Bergantiños xogará ante o Marbella e o Ourense CF diante do Guijuelo a domicilio

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade