Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega ao mercado unha nova cervexa feita con lúpulo cultivado en Galicia

Chega ao mercado unha nova cervexa feita con lúpulo cultivado en Galicia

España é a nivel mundial un dos países onde máis cervexa se consome. Porén, a produción segue a ser baixa

Hai vinte anos unha empresa galega poñía en marcha no concello coruñés de Abegondo un proxecto para recuperar o cultivo do lúpulo na nosa comunidade

G24.gal 19/09/2024 14:44

Houbo un tempo no que Galicia foi unha potencia producindo lúpulo. Ás beiras do Mandeo chegaron a recollerse ata 240 toneladas, e isto tendo en conta que un gramo é dabondo para facer un litro de cervexa. Pero isto desapareceu, ata que en 2004 unha empresa galega decidiu recuperar este cultivo nestes terreos do concello coruñés de Abegondo.

E segundo comentan, non foi tarefa sinxela, e non por falta de mercado, senón polos coidados que require esta planta. Din que todo o que aquí se fai é pensando en mellorar a sostibilidade destas plantacións.

 E todo isto baixo unha marca, a primeira que a Corporación Hijos de Rivera saca ao mercado nos últimos trinta anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade