San Tirso e Compostela agardan o "gordo" no bombo do Copa
San Tirso e Compostela agardan o "gordo" no bombo do Copa
Os dous equipos xogarán contra un rival de Primeira División, que podería ser o Celta
O Racing terá un rival de 3.ª ou 2.ª RFEF, categoría na que están Pontevedra e Bergantiños
Sete equipos galegos entran no bombo da Copa do Rei este xoves despois de que San Tirso (Preferente Autonómica) e Compostela (vía Copa RFEF) conseguisen o seu pase. O Celta e o Racing serán os representantes no fútbol profesional. O Deportivo non entra no sorteo ao estar exento como campión da 1.ª RFEF do ano pasado.
Da 1.ª RFEF estará o Ourense Club de Fútbol e da 2.ª RFEF o Pontevedra e o Bergantiños acompañaran o Compostela. O toque exótico dano os dez equipos de Preferente, entre os que se atopa o San Tirso de Abegondo.
Os emparellamentos faranse do seguinte xeito:
- Os 10 equipos de Autonómica (San Tirso) xogarán contra dez equipos de Primeira (pode ser o Celta).
- Os outros seis equipos de Primeira (están exentos o Real Madrid, Barcelona, Mallorca e Athletic) xogarán contra os catro que chegan da Copa RFEF (Compostela).
- Dous equipos de Terceira RFEF collerán os dous que quedan de Primeira, e o resto xogarán contra conxuntos de Segunda (Racing).
- Quince de 2.ª RFEF (Pontevedra e Bergantiños) contra os outros quince de Segunda División.
- Dezaseis equipos de 2.ª RFEF contra os dezaseis que hai de 1.ª RFEF (Ourense).
- Haberá dúas eliminatorias entre equipos de 2.ª RFEF.
As datas para xogar esta primeira eliminatoria serán do 29 ao 31 de outubro.