Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Met Gala 2023 homenaxea o desaparecido deseñador Karl Lagerfeld

A Met Gala 2023 homenaxea o desaparecido deseñador Karl Lagerfeld

Unha das máis aplaudidas foi Penélope Cruz, que asistiu cun vestido de noiva de Chanel de 1988

O 'look' de Penélope Cruz, de Chanel, foi un dos máis aplaudidos da gala O 'look' de Penélope Cruz, de Chanel, foi un dos máis aplaudidos da gala
G24.gal 02/05/2023 08:30 Última actualización 02/05/2023 09:17

O Museo Metropolitano de Arte de Nova York (MET) acolleu este luns a Met Gala, a cita imprescindible da moda. A edición deste ano rendeu homenaxe á figura do desaparecido deseñador Karl Lagerfeld. E non faltou o seu amado gato, Choupette, de quen se disfrazou o actor Jared Leto.

Unha das máis aplaudidas foi Penélope Cruz, unha das anfitrioas da gala, que asistiu cun vestido de noiva de Chanel de 1988. Moi fotografada foi tamén Rihanna, que enfundou un voluminoso corpo con capucha de Valentino.

Polo demais, moi comentado o louro platino de Jessica Chastain ou o Ralph Lauren a medida de Jennifer López. Na festa máis exclusiva do mundo fashion non faltaron as extravagancias e os looks máis provocadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade