Nick Knight escolle A Coruña para presentar en España a súa mostra 'Roses From My Garden'
Nick Knight escolle A Coruña para presentar en España a súa mostra 'Roses From My Garden'
O fotógrafo británico, afeito a retratar estrelas da moda, o cine e a música, amosa o seu lado máis íntimo nunha mostra que leva por título Rosas do meu xardín
As imaxes tomounas co seu teléfono empregando luz natural, e despois editounas valéndose de IA
Por diante do obxectivo de Nick Knight pasaron David Bowie… Kete Moss e os dous últimos reis de Inglaterra, Isabel e Carlos. Pero desta volta o fotógrafo londiniense decidiu que os seus modelos fosen moito máis efémeros…
"Coido que un fotógrafo pode achegarse e amosar calquera cousa que lle interese", contounos Knight. "Non importa que sexa unha paisaxe, un cantante ou un actor. O que ves sempre nunha fotografía é o interese do retratista por ese suxeito".
Na súa mostra, o fotógrafo británico combina o efecto pictórico dos bodegóns do século XVII coas últimas técnicas de edición fotográfica. Cada unha destas imaxes está editada con todo detalle coas últimas técnicas de vangarda. Knight empregou a cámara do seu teléfono para captar as rosas coa luz do día.
"Cando te achegues e vexas a textura e a pátina, explicounos" Nick Knight, "non has ver restos dunha brocha, coma nun cadro, nin o gran característico da fotografía, senón algo novo. E iso é parte do novo xeito que temos de crear imaxes con intelixencia artificial e coas cámaras dixitais que temos nos nosos teléfonos".