Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hostalaría augura un bo remate de ano pola reactivación das ceas de Nadal

A hostalaría augura un bo remate de ano pola reactivación das ceas de Nadal

Hai algúns problemas de subministración de bebidas de importación

Os hostaleiros piden que se amplíen horarios na restauración

G24.gal 04/11/2021 14:44

A hostalaría quenta fogóns para a que se agarda que sexa a recuperación da normalidade tamén nas ceas de empresa que adoitan celebrarse no Nadal. Despois dun 2020 que rematou sen que este tipo de eventos se puidesen celebrar, nótase, no ritmo de reservas, que hai moitas ganas de retomar esa tradición.

Confírmao o xerente do restaurante Los Robles, en Teo. Óscar Corral di que só o primeiro día en que colgaron nas redes sociais o menú e os prezos das súas ceas recibiron unhas 500 chamadas para reservar.

As reservas máis numerosas pechadas neste restaurante próximo a Santiago son de grupos duns 20 membros. Decidiron reducir de 650 a 350 o número de comensais e xa teñen preto de 2.500 persoas para as sete datas máis destacadas das fins de semana previas ao Nadal.

Elaborados os menús, traballan agora para garantir a subministración de todos os produtos necesarios, porque tamén neste sector hai algúns problemas de abastecemento. 

A día de hoxe, os locais de restauración teñen como hora máxima de peche a unha e media. Desde o sector confían en que as autoridades anuncien unha ampliación de horarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade