Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comerciantes e hostaleiros de Compostela piden máis vixilancia policial pola vaga de roubos

Comerciantes e hostaleiros de Compostela piden máis vixilancia policial pola vaga de roubos

Nas últimas semanas rexistráronse máis de cinco asaltos a locais

Os propietarios dos establecementos reclaman máis presenza policial na zona

G24.gal 12/01/2025 15:07

Cinco locais sufriron os ataques dos delincuentes nos últimos quince días en Santiago de Compostela. Dende restaurantes a tendas, pasando por salóns de beleza e cafetarías. As zonas máis afectadas, o ensanche, Galeras e a zona vella da cidade.

As vítimas, principalmente pequenos negocios e comercios, o que está a provocar que no resto de establecementos aumente a preocupación.

"É unha sensación de inseguridade porque non se ve moita vixilancia, ademais que estanse vendo casos sucesivamente cada vez máis", comenta Camilo Rodríguez, traballador no comercio local.

Comerciantes e hostaleiros sinalan que ademais da situación de inseguridade que ocasionan estes delitos, en moitos casos os danos son máis cuantiosos que a propia contía do roubo, polo que esixen que se tomen medidas para atallalos.

"O que penso eu que ao se lle bota a culpa é que hai certa falla de presenza policial, sobre todo no caso da policía local. Iso non quita que haberá que examinar por qué aumenta este tipo de delitos", apunta Ramón García da Asociación Hostalería Compostela.

Dende o Concello compostelán indican que a Policía Nacional está investigando os roubos e que xa se produciron detencións. Aseguran que están ao tanto da preocupación dos propietarios dos locais e insisten en que Santiago segue a ser una cidade segura.

Mentres, os comerciantes reclaman que se poñan os medios para acabar dunha vez coa lacra dos roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade