A incidencia da covid en nenos multiplicouse por 22 nun mes en Galicia
Hai máis de 1.300 contaxios nos centros escolares cun cento de aulas pechadas
A incidencia acumulada a 14 días en menores de 11 anos é de 511 casos
As vacinas van chegar o día 13 e prevese que o 14 de decembro, en nove días, se poida comezar a inxectarlles o soro contra a covid a eses 130.000 nenos e nenas de entre 5 e 11 anos na nosa comunidade.
Os centros escolares chegan a esta ponte da Constitución con máis de 1.300 contaxios. O número de positivos duplicouse nunha semana. Os últimos datos da Consellería de Educación, indican que un cento de aulas están pechadas por este motivo en Galicia.
A incidencia acumulada subiu en toda a comunidade nos últimos días. Multiplicouse por trece ata os 263 casos por cen mil habitantes en 14 días, por riba da media española.
E a dos menores de once anos multiplicouse ata por 22 no último mes, para situarse en 511 casos.