A incidencia sobe ata os 323 casos en España tras 17.000 novos contaxios
Un incremento de 17 puntos nas últimas 24 horas
A media de ocupación hospitalaria mantense case invariable

A incidencia de coronavirus en España aumentou na última semana en 75 puntos, máis de 17 nas últimas 24 horas, de xeito que se acaden os 323 casos por cada 100.000 habitantes, tras reportarse 17.012 novos contaxios.
A media de ocupación hospitalaria mantense case invariable cun 4,4% e nas UCI arredor dun 11%. Segundo os datos de Sanidade, na última semana contabilizáronse 70.232 contaxios cunha incidencia que repunta de media uns 10 puntos cada xornada.
Estas cifras tradúcense nun maior ingreso de pacientes durante esta semana: xa hai 4.513 ingresados en pranta e 1.056 enfermos covid nas unidades de coidados intensivos.
A situación nas unidades de coidados intensivos continúa empeorando en comunidades como A Rioxa (22,6 %), Navarra (20,3 %) País Vasco (17,5 %) e Cataluña (21 %).
País Vasco (8,2 %) e Aragón (6,5%) son as comunidades con maior porcentaxe de pacientes ingresados en pranta.