Cargando resultados...
A industria marítima afronta unha revolución tecnolóxica co cambio ás enerxías renovables
A industria marítima afronta unha revolución tecnolóxica co cambio ás enerxías renovables
A descarbonización obriga os estaleiros a implementar a última tecnoloxía a bordo dos buques
Os estaleiros galegos pechan o ano coa mellor carteira de pedidos da última década
G24.gal
30/11/2023 14:25
O futuro pasa por barcos cada vez máis verdes. Un de cada catro buques en construción está equipado con tecnoloxías capaces de utilizar combustibles alternativos. A frota pesqueira galega adáptase ao cambio.
Douscentos expertos da industria marítima analizan en Vigo a realidade dos estaleiros e armadores. O sector atravesa un bo momento en Galicia, coa mellor carteira de pedidos do último ano e as empresas ao noventa por cento da súa capacidade.
Durante a xornada, a industria apuntou á formación para solucionar a falta de persoal cualificado no sector.