A infanta Cristina e Iñaki Urdangarin asinan o divorcio
A infanta Cristina e Iñaki Urdangarin asinan o divorcio
Ambos os dous firmaron perante notario en Barcelona o pasado mes de decembro, segundo Hola
A infanta Cristina e Iñaki Urdangarin asinaron o divorcio, polo que puxeron fin definitivamente á súa relación tras 26 anos de matrimonio, segundo adiantou a revista Hola.
Os exduques de Palma, que casaron en Barcelona o 4 de outubro de 1997, asinaron o divorcio na cidade Condal perante notario o pasado mes de decembro, aínda que non transcendeu a data exacta.
Segundo Hola, a infanta Cristina e Urdangarin, que non recibirá indemnización nin pensión, chegaron a un acordo económico para cubrir os gastos comúns dos seus fillos.
A infanta e o ex-xogador de balonmán anunciaron en xaneiro de 2022 que decidiran "de común acordo, interromper a súa relación matrimonial", a través dun comunicado remitido á axencia EFE e no que subliñaban que o compromiso cos seus catro fillos permanecía "intacto".
A decisión produciuse despois de que se coñecera a relación do exduque de Palma con Ainhoa Armentia, a súa compañeira de traballo nun bufete de Vitoria.