Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inflación volve subir na zona euro impulsada polo prezo da enerxía

A inflación volve subir na zona euro impulsada polo prezo da enerxía

Aumentou dúas décimas, ata o 9,1% de media

Nos países próximos a Ucraína dispárase por riba do 20%

G24.gal 31/08/2022 18:46

A inflación continuou aumentando na zona euro en agosto.  Subiu dúas décimas, ata o 9,1% de media, impulsada pola escalada do prezo da enerxía.

España e outros once países están por riba da media.  Francia, co 6,5% e Alemaña, co 8,8%, por debaixo.

A peor parte lévana os tres países da zona euro máis próximos a Ucraína, onde a inflación supera o 20%. En Letonia acadou o 25%.

A inflación mete máis presión para que o Banco Central Europeo volva subir os tipos de xuro como medida para conter a escalada de prezos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade