Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inmunóloga África González descarta retomar a máscara en interiores e pide ventilar máis

A inmunóloga África González descarta retomar a máscara en interiores e pide ventilar máis

Asegura que a última variante do virus, kraken, é moi contaxiosa pero leve

Anima a vacinarse aos que ainda non o fixeron para evitar a hospitalización

G24.gal 15/01/2023 12:41 Última actualización 15/01/2023 12:52

A chegada a España desde os Estados Unidos dunha nova variante da covid-19 e a apertura de fronteiras da China reabriu o debate sobre a necesidade de recuperar as máscaras en interiores. A experta inmunóloga África González cre que non hai motivos. Asegura que esa variante é moi contaxiosa pero moi leve, e pensa que se debe potenciar máis a ventilación e a renovación do aire nos espazos pechados.

González explica que España é un dos países máis conservadores no uso das máscaras porque segue sendo obrigatoria no transporte público e nos centros e servizos sanitarios. Pero non cre que haxa que estender o seu uso a outros espazos. 

 "Sempre que teñamos algún problema respiratorio ou se estamos con xente maior ou inmunodeprimida, é lóxico utilizar máscara pero non hai que esquecer o de renovar o aire e unha mellor ventilación, que me parece que nisto se incidiu pouco nestes anos".

Lembra que mentres o virus siga circulando irán xurdindo novas variantes pero non se mostra especialmente preocupada pola última, moi contaxiosa, detectada en 25 países, incluída España, con nome oficioso de monstro mariño nórdico, Kraken.

"Xa a partir desta semana estase vendo que o pico comeza a baixar, polo tanto non houbo esa expansión que se pensaba inicialmente, pero si  é unha variante un pouco diferente, porque é unha mestura de dous virus".

A catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo explica que as vacinas contra a covid, como as da gripe, vanse actualizando en función das variantes e por iso anima a vacinarse a aqueles que aínda non o fixeron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade