Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incidentes entre policía e manifestantes ante o Congreso arxentino pola 'lei ómnibus'

Incidentes entre policía e manifestantes ante o Congreso arxentino pola 'lei ómnibus'

Ás portas do Congreso xa hai concentradas organizacións sociais e sindicais mostrando o seu rexeitamento á esta reforma

Milei confía no apoio de aliados e oposición para sacar o proxecto adiante

Centos de persoas congréganse na praza do Congreso en rexeitamento á reforma de Milei Centos de persoas congréganse na praza do Congreso en rexeitamento á reforma de Milei
G24.gal 31/01/2024 15:51 Última actualización 31/01/2024 22:43

O Congreso da Arxentina inicia este mércores o debate sobre o proxecto estrela do Goberno de Milei: a Lei de Bases e Puntos de Partida para a Liberdade dos Arxentinos, coñecida como 'lei ómnibus' e baseada na implementación dunha serie de profundas reformas económicas no país.

O presidente arxentino busca con esta lei que o seu Goberno poida dispoñer de facultades lexislativas durante polo menos un ano para acometer reformas sen necesidade de pasar polo Congreso.

Ás 10:29 (13.29 GMT) daba comezo na Cama de Deputados esta sesión de debate, que se prevé moi longa e axitada, prodúcese no medio de protestas de organizacións sociais na praza do Congreso.

Denomínase 'lei ominibús'  pola súa cantidade de artigos e a amplitude das reformas que inclúe

A delegación de facultades é un dos escollos para que este proxecto de lei saia adiante. De feito, foi reducíndose durante a discusión en comisións, e do texto inicial que contemplaba dous anos prorrogables a catro pasou a un prorrogable a dous.

O proxecto, que inicialmente tiña 664 artigos, chega ao pleno con 386 por esas conversacións e tras a decisión do Executivo de retirar o capítulo fiscal de reformas, un dos que máis se resistiu dentro da iniciativa, fundamentalmente na discusión cos gobernadores das provincias.

En principio, La Libertad Avanza, forza de ultradereita de Milei confía no apoio de aliados e sectores de oposición para sacar adiante o proxecto de lei. Aínda así, é probable que non validen certos artigos que están sendo obxecto de controversia, como son a delegación de facultades que abarca un amplo abanico de materias, desde o económico ata o penal.

Se logra o visto e prace na Cámara de Deputados, o proxecto pasará ao seu debate no Senado, cuxos membros representan ás provincias, ningunha delas gobernada polo partido de Milei.

Incidentes entre policía e manifestantes

 As protestas convocadas por diversas organizacións nos arredores do Congreso xeraron algúns incidente cos policías, sen que polo momento se rexistraran feridos.

A pesar de que a concentración de organizacións sociais, civís e sindicais se mantivo durante todo o día en calma, pasadas as 17.30 horas (20.30 GMT) o intento dalgúns manifestantes de invadir a calzada levou a unha dura contención dunha dobre fileira de policías que chegaron a enfrontarse motorizados aos activistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade