A Mariña leva oito meses co tráfico desviado na súa principal vía de comunicación
A Mariña leva oito meses co tráfico desviado na súa principal vía de comunicación
O afundimento en xaneiro da N-642 a causa da chuvia obriga a empregar unha vía provisional
O tráfico leva oito meses desviado na N-642, a estrada que vertebra A Mariña. É a consecuencia da reparación da fochanca que en xaneiro provocou a chuvia. Fartos da situación, veciños e transportistas urxen o remate destas obras.
Non hai data oficial para o remate das obras na Nacional 642. Dende xaneiro permanece cortada á altura do acceso a Burela dende Foz.
Dende hai oito meses os usuarios deben empregar un desvío provisional que aseguran lles ocasiona moitos prexuízos. Agora preocupa a chegada do mal tempo.
Primando sempre a seguridade, dende o ministerio aseguran que traballan para rematar o antes posible estas obras que reparan os danos provocados na estrada pola focha que en xaneiro se produciu nesta vía por mor dunha balsa de auga.