Cargando resultados...
A Mariña, un oasis térmico no medio da vaga de calor
A Mariña, un oasis térmico no medio da vaga de calor
En vilas coma Burela ou Foz non superan os 23 graos de máxima
Félix Aragunde
12/07/2022 14:10
A da Mariña está a ser a comarca máis resistente á vaga de calor que estes días asola o resto de Galicia. En especial, en localidades costeiras coma Burela ou Foz, onde os termómetros non pasan dos 23 graos, unha temperatura similar á que rexistra a auga do mar.
A néboa matinal é a encargada de suavizar as temperaturas nesta zona da Mariña. Refresca o litoral e ata o mediodía non se despexa, o cal explica que resista mellor a vaga de calor que padece o resto do país.
As temperaturas nestas vilas mariñás irán en aumento conforme avance a semana, pero aínda así prevese que non cheguen aos 30 graos de máxima.