Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mediados de outubro estarán dispoñibles os bonos turísticos 2023

A mediados de outubro estarán dispoñibles os bonos turísticos 2023

A Xunta achegará 100 euros a cada unha das 10.000 persoas usuarias

G24.gal 23/09/2023 14:37 Última actualización 23/09/2023 15:16

A mediados de outubro estará dispoñible o bono turístico de Galicia 2023. Obterase a través dun  código QR nos nosos dispositivos móbiles.

A Xunta achega un millón de euros para a cuarta edición dunha iniciativa que acadou un rotundo éxito nas convocatorias anteriores. O ano pasado esgotáronse en dúas horas. Cada persoa pode obter 100 euros e terá que  achegar outros 250 nese servizo.

Grazas a esta campaña, o ano pasado un establecemento do Salnés facturou 200.000 euros; moi lonxe dun ano sen bono e tamén unha axencia de viaxes de Lugo vendeu paquetes por valor de 160.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar