A mellora da OU-540, compatible coa autovía entre Celanova e a fronteira con Portugal
A mellora da OU-540, compatible coa autovía entre Celanova e a fronteira con Portugal
Alcaldes e empresarios da Baixa Limia aseguran que a autovía é unha infraestrutura necesaria para o desenvolvemento económico da zona.
A Xunta anuncia melloras na N-540 entre Celanova e a fronteira portuguesa. Construíranse dobres carrís, zonas novas de adiantamento e melloras na seguridade viaria.
Ethel Vázquez asegurou que esta mellora viaria é compatible coa construción da futura autovía pero, dixo, é necesaria a implicación do Goberno español e luso.
A Xunta anuncia melloras na OU-540 entre Celanova e a fronteira portuguesa. Construíranse dobres carrís, zonas novas de adiantamento e melloras na seguridade vial. Unha mellora na que o goberno galego inviste máis de 10 millóns de euros.
A conselleira de infraestruturas que se achegou a Lobios a presentar ante os alcaldes e veciños este proxecto asegurou que esta mellora viaria é compatible coa construción da futura autovía pero, dixo, é necesaria a implicación do goberno español e luso, por ser os que teñen a competencia.
Acusou ao Goberno de Pedro Sánchez de facer “oídos xordos” á demanda para que os fondos Next Generation inclúan infraestruturas no rural, a única fonte de financiamento viable, dixo para poder custear a autovía.
"Se se quere unha autovía con Portugal, ten que ter continuidade con Portugal e unha autovía transfronteiriza onde o Goberno de España é fundamental e teñen que vir os fondos de reconstrución que demandamos e que non se nos contestou, reflexionar sobre quen dota de infraestruturas ao rural e quen exclúe de infraestruturas ao rural", asegurou Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas da Xunta.