Publicador de contidos
Publicador de contidos

A metade de Galicia, en aviso por temperaturas que poden achegarse aos 42 graos na conca do Miño

A metade de Galicia, en aviso por temperaturas que poden achegarse aos 42 graos na conca do Miño

A vaga de calor remata este domingo coa chegada dunha masa de aire frío

A próxima semana as temperaturas serán algo baixas para o mes de agosto

G24.gal 10/08/2024 14:32

Estamos no peor día desta nova vaga de calor, con Ourense superando os 36 graos que poden chegar aos 42 en lugares coma o val do Miño e a comarca de Valdeorras.

"Mal, vai motisima calor".
"Hai que levalo cuns vasos de auga e xeados, levalo como se pode".

Con todo estas ourensás semellan estar algo saturadas co protagonismo meteorolóxico da provincia.

"Están sempre dicindo iso e non é así, levamos dúas semanas de calor, máis non".

"Se temos as termas e o río en Ourense".

"Veño de Granada, isto para nós non é nada, esaxeran coa calor de Ourense".
"Na Mancha é moito peor, esta calor é húmida".

A ultima hora chegará unha masa de aire frío e con ela as treboadas nas zonas de montaña, que o domingo se estenderán a máis puntos do interior de Lugo e Ourense, segundo a previsión de Meteogalicia.

"Esta situación será xeneralizada mañá domingo, con trebaodas que poden ir acompañadas de sarabia".


Así esta vaga de calor vai durar apenas tres días, menos que noutros lugares da Península, como sinala a meteoróloga Ana Lage.

 

"Noutros puntos da península non son tres días levan moitas vagas de calor mais duradeira e máis intensa".


De momento non se albisca a próxima onda de calor. Os meteorólogos insisten en que as predicións máis aló dunha semana perden fiabilidade. O que parece claro é que o domingo se vai notar un descenso das temperaturas e que a semana comezará con algo máis fresco do esperable en pleno mes de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade