Publicador de contidos
Publicador de contidos

A microalga que tingue a auga na ría de Pontevedra non é tóxica

A microalga que tingue a auga na ría de Pontevedra non é tóxica

O afloramento de microalgas é habitual na ría neste tempo

G24.gal 11/09/2024 15:48

Se pasaron nos últimos días polas praias de Marín ou Bueu seguramente lles chamou a atención a intensa cor verde da auga. A explicación deste fenómeno, que non se vía desde decadas, está na proliferación dunha microalga.

Os expertos do CSIC descartan que se trate dunha vertedura contaminante. Falan dun fenómeno natural  provocado por unhas microalgas non tóxicas para os humanos, pero que poden chegar a ser nocivas para o ecosistema se se dá nunha concentración moi elevada.

Verde, como unha pradería, unha esmeralda ou un produto de limpeza. Así está desde o pasado sábado a a auga dalgúns puntos da ría de Pontevedra, especialmente en Marín e Bueu.

Nin vellos mariñeiros, nin bañistas, nin veciños recordan ver antes nunca a auga desta cor.

Os científicos do Instituto Oceanográfico de Vigo descartan que se trate dunha vertedura. A culpable deste verde é unha microalga dinoflaxelada, do xénero lepidodinium, e non é tóxica.

"Non, non é tóxica, pero a altas concentracións pode ser nociva, non para nós senón para certos organismos", di Esther Velasco Senovilla, do Instituto Oceánográfico de Vigo CSIC. "Non é unha especie urticante nin tóxica para os humanos", engade.

Malia que o afloramento de microalgas é habitual na ría neste tempo, non adoita ter este pigmento verde. Xa tomaron mostras e van investigar a causa da súa proliferación nas augas, verdosas pero perfectamente aptas para o baño.

De feito algún xa aproveitou que saíu o sol para poñerse a remollo neste verdoso mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade