Publicador de contidos
Publicador de contidos

A minisaia cumpre 60 anos

A minisaia cumpre 60 anos

Foi a peza de rouba máis revolucionaria e icónica dos anos 60

A primeira vez que se viu unha minisaia en pasarela foi o 10 de xullo de 1964
G24.gal 10/07/2024 16:16 Última actualización 10/07/2024 16:37

Desta casa de modas inglesa saíu a primeira minisaia. Foi a deseñadora Mary Quant quen a subiu por primeira vez a unha pasarela un 10 de xullo do ano 1964. Dende entón pasaron 60 anos e a minisaia segue moi viva.

"Segue viva e seguirá sempre", afirma Azucena Beloso, propietaria de Sucre&Firenze

Equivocáronse os que a satanizaron e lle outorgaron un futuro efémero, porque a minisaia comezou a ser unha icona revolucionaria e un símbolo de liberdade para as mulleres.

"O movemento feminista pelexou moito porque as mulleres vestiran como quixeran, e recordo nas manifestacións onde a consigna era "Nin con minisaia nin con pantalón, na mente machista é onde está a provocación", recorda unha señora

As mulleres españolas tiveron que loitar e superar moitas trabas para poder usala.

"Si, a verdade que foi unha boa loita", continúa

"Aquí aínda non se levaban, pero de Suíza xa viñan con minisaia", comenta un señor

Foi a peza de roupa máis controvertida. Massiel no 68 foi das primeiras que se atreveu a lucila. E fíxoo por todo o alto. Moitas mulleres aínda hoxe recordan cando puxeron a primeira.

 "Si, recordo o que pasa, que aínda non estaba moi ben visto"

 "Claro que recordo a primeira minisaia"

 "Levaban minisaia todas"

 "Non recordo que puxera mini mini, porque, claro, estamos falando doutra época, non?"

Na retina dos homes tamén hai recordos daquela.

"Era unha novidade, porque aquí non se utilizaba".

"Chamaban demasiado a atención as mulleres porque naqueles tempos levaban todo liso e nada máis, asé que era lindo", apuntan un señores

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade