A ministra de Igualdade presenta España ante a UE como vangarda do feminismo

Ana Redondo preside en Pamplona o cumio de ministros de Igualdade da UE

G24.gal 24/11/2023 14:39

Os ministros de Igualdade da Unión Europea debaten en Pamplona sobre a violencia contra as mulleres. A reunión informal, enmarcada no semestre de Presidencia Española do Consello, celébrase na véspera do 25N, e quere impulsar a primeira directiva europea sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.

Nun dos seus primeiros actos como ministra de Igualdade, Ana Redondo, destacou que España está á vangarda do feminismo. "O Goberno ten que estar á altura dunha sociedade feminista, e por suposto tamén queremos unha Europa feminista. Estamos á vangarda da loita contra a violencia contra as mulleres, e iso tenos que facer seguir camiñando cara a ese obxectivo que compartimos todos de violencia cero".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade