Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mostra 'Barbie: cine e moda' amplíase cos traballos de deseñadoras de Lugo

A mostra 'Barbie: cine e moda' amplíase cos traballos de deseñadoras de Lugo

Conta con case 200 edicións limitadas, algunhas con menos de mil exemplares

No último mes e medio foi xa visitada no MIHL por preto de 4.000 persoas

Félix Aragunde 23/04/2024 20:19 Última actualización 23/04/2024 20:33

A exposición Barbie: cine e moda, que se pode visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo, acaba de ampliarse. Esta mostra, con preto de 200 edicións limitadas, conta agora cun novo atractivo. É unha nova sección, en que once deseñadoras locais amosan os seus traballos arredor da boneca máis famosa do mundo.

Compleméntase así unha exposición sobre esta icona do cine e da moda que se pode ollar no noso país por vez primeira.

Inés Penelas, deseñadora de moda en pel: "Vestinas da materia prima con que eu traballo, de pel. Son réplicas de deseños que fixen para a rúa. Dos máis especiais, quixen facer réplicas para a boneca".

Un traxe tradicional, un vestido de noiva ou varias indumentarias de época completan a ampliación, que tamén conta con figuras con mensaxe.

Tina Cortón, creadora artesá: "Barbie cambiou. Leva un vestido biodegradable e fai referencia á multiculturalidade e a aceptar múltiples relacións que antes estaban un pouco encubertas".

Ánxela Pardo, organizadora da ampliación da mostra: "Adoito traballar con materiais reciclados. Neste caso contra Altri, a mensaxe é clara porque non me parece algo bo para Galicia".

Algunhas das bonecas que se amosan nesta exposición corresponden a edicións con menos de mil exemplares en todo o mundo. Todas elas, as dedicadas ao celuloide e á alta costura e mais as confeccionadas polas deseñadoras lucenses, poderán admirarse ata o vindeiro primeiro de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade