Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Muradella, un monumento megalítico único en Galicia

A Muradella, un monumento megalítico único en Galicia

A Muradella. Un monumento megalítico único en Galicia, no monte Moncai, no límite entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos

É  o muro de mampostería máis antigo da historia de Galicia

Imaxe cortesía de Xurxo Ayán Imaxe cortesía de Xurxo Ayán
G24.gal 28/12/2022 12:08

Os recentes traballos arqueolóxicos feitos na contorna da Muradella, explican o misterio da estrutura megalítica situada no máis alto da Serra do Moncai, entre Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. 

Un equipo formado por profesionais de varias institucións españolas e portuguesas, como a Universidade Nova de Lisboa ou o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) recompilaron un gran número de indicios que xunto coa recente datación por radiocarbono (Carbono 14), conclúen en que A Muradella é unha estrutura megalítica coñecida como milladoiro e que son túmulos (sepulcros prehistóricos) que, a diferenza das mámoas, ou medorras de terra, están construídos integramente pola acumulación de pedras. 

A mostra, tomada dun nivel de incendio inmediatamente anterior á construción do monumento, e en contacto con este, lanzou unha data de comezos do terceiro milenio a.C. (entre o 2900 e o 2700 a.C.). Isto, unido aos resultados dos traballos de escavación, permite afirmar con rotundidade que A Muradella é en realidade un milladoiro.

Este tipo de estruturas son bastante típicas da costa atlántica, de zonas como Bretaña, Irlanda, ou Gales, pero no noroeste da península ibérica non existe ningún monumento megalítico que estea todo feito en pedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade