A neve encheu de visitantes o alto do Cebreiro
A neve encheu de visitantes o alto do Cebreiro
Milleiros de persoas acudiron gozar dunha nevarada inesperada nesta época
Agárdase que os turistas sigan chegando durante a fin de semana
As ringleiras de coches aparcados moito antes do alto xa daban idea de que o Cebreiro ía estar ateigado de familias que desexaban gozar da neve.
Unha neve que caeu intensamente pola noite e a primeira hora da tarde e que permitiu que maiores e cativos xogasen nos prados e na aldea.
Tamén os peregrinos se viron sorprendidos por unha paisaxe nevada que non é habitual nesta época.
Dende toda Galicia e o Bierzo chegaron visitantes que se deslizaron pola capa de neve duns dez centímetros. Un empurrón para o turismo co que xa non se contaba a estas alturas.
Algúns visitantes sinalaban que, debido á presenza de xeo por baixo da neve nalgúns puntos, a xornada tamén ía ser propicia para os traumatólogos.