Novo desvío na autovía A-6 a partir do luns en horario nocturno
Novo desvío na autovía A-6 a partir do luns en horario nocturno
Durante catro días, os vehículos terán que atravesar Pedrafita do Cebreiro
O corte obedece á execución dunhas obras na calzada do viaduto do Castro
Novo corte de tráfico na autovía A-6 polas obras de reparación do viaduto do Castro, que caera en 2022. Está previsto a partir do vindeiro luns e, segundo o Ministerio de Transportes, será por catro días e en horario nocturno.
Os traballos consistirán no asfaltado e impermeabilización da metade da calzada que ata agora se utiliza para as obras. Isto obriga a que o tráfico cara á Meseta se desvíe a través de Pedrafita do Cebreiro.
As obras levaranse a cabo en horario nocturno, entre as dez da noite e as sete da mañá e, segundo o Ministerio de Transportes, está previsto que duren catro xornadas.
Os coches que circulan cara a Madrid deberán atravesar Pedrafita do Cebreiro, seguir 4 quilómetros pola Nacional VI e seis pola autovía de xeito bidireccional antes de volver a coller a A-6.