Cargando resultados...
Sete aldeas de Pedrafita do Cebreiro recuperan a festa logo de 41 anos sen ela
Sete aldeas de Pedrafita do Cebreiro recuperan a festa logo de 41 anos sen ela
Veciños que retornan polo verán xunto con outros asentados no lugar decidiron impulsala
Os maiores lembran cando se xuntaban no campo da festa e había máis residentes
G24.gal
17/08/2024 20:53
Última actualización 17/08/2024 21:04
Logo de 41 anos, en Busnullán, unha parroquia de Pedrafita do Cebreiro, recuperouse a festa, que comparten con outras seis aldeas derredor.
Os maiores aínda lembran cando o lugar estaba cheo de vida.
A perda de poboación, sobre todo dos máis novos, quitou as ganas de seguir coas festas. Non a todos porque unha veciña, que retorna todos os veráns á casa familiar, conseguiu recuperalas.
Esa é a idea, mantela viva e reunir de novo os veciños.