Cargando resultados...
Ingresa na cadea o detido por acoitelar un home en Vilagarcía
Ingresa na cadea o detido por acoitelar un home en Vilagarcía
O xuíz decretou a prisión preventiva comunicada e sen fianza
Paso a disposición xudicial do arrestado
G24.gal
16/09/2024 20:51
Última actualización 16/09/2024 20:58
Prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de intento de asasinato. É o que decretou o xuíz para o detido por acoitelar outro home na contorna da estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa. A vítima da agresión foi trasladada ao hopital do Salnés, pero xa recibiu a alta. O detido fuxiu nun primeiro momento, pero pouco despois entregouse na comisaría da Policía Nacional.
A agresión podería ter relación cun suceso anterior
Esta agresión puido non ser fortuíta. Hai 26 anos, o pai do detido foi asasinado. A vítima da agresión foi un dos procesados por ese crime. Nun primeiro momento foi condenado, pero absolvérono absolto tras recurso ante o Tribunal Superior.