Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina unha caseta do antigo colexio Junior's, en Santiago

Un incendio calcina unha caseta do antigo colexio Junior's, en Santiago

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais

G24.gal 16/09/2024 19:07

Os bombeiros traballan na tarde deste luns en apagar un incendio que devora unha das casas de madeira do recinto do antigo colexio Junior's, no barrio compostelán da Silvouta.

Un particular avisou sobre as 17.45 horas da tarde de que saía fume negro dunha destas vivendas que, finalmente, ardeu por completo.

Seguidamente, o 112 deu aviso ao parque de bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Local, a Protección Civil e a Urxencias Sanitarias-061, por se fose precisa a súa intervención.

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais.

O colexio Junior's pechou durante a pandemia e nos últimos anos serviu como instalacións para empresas de moi diferentes sectores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade