A nova axencia de Emprendemento busca avanzar en innovación, dixitalización e sostibilidade
A nova axencia de Emprendemento busca avanzar en innovación, dixitalización e sostibilidade
Alfonso Rueda indicou que se pretende elevar as iniciativas empresariais que teñan en conta eses tres ámbitos
Avanzou que unha das súas prioridades é incrementar a interacción entre empresas
A Xunta de Galicia está a ultimar a nova axencia de Emprendemento para impulsar iniciativas que permitan avanzar na innovación, a dixitalización e a sostibilidade.
Así o indicou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, durante a súa participación no I Foro de Emprendemento do Noroeste, impulsado pola Asociación para o Progreso da Dirección e Unirisco.
Neste sentido, Conde explicou que a través desta folla de roteiro articúlanse medidas que elevan aquelas iniciativas empresariais que permiten dar a Galicia un "plus" en ámbitos como innovación, dixitalización ou sostibilidade, prestando tamén atención ao emprendemento feminino.
No acto, o conselleiro subliñou que nesta nova axenda as políticas de transferencia de coñecemento van seguir sendo parte de todos os instrumentos de apoio á innovación, apuntando que unha das súas prioridades será incrementar a interacción entre as empresas e os centros de coñecemento para que de aí saian novos proxectos e empresas innovadoras.
Conde tamén lembrou que Galicia xa ten un modelo que busca crear redes de colaboración entre o tecido empresarial, a administración e todos os axentes que forman parte do sistema galego de I+D+i.