A obra do mítico fotoperiodista Bernardo Pérez recala en Ferrol
A obra do mítico fotoperiodista Bernardo Pérez recala en Ferrol
Traballa no diario El País dende a súa fundación e tirou instantáneas por todo o mundo
Falamos con el percorrendo a mostra, que permanece aberta no Centro Torrente Ballester ata o 7 de abril
Aínda se pode visitar en Ferrol a grande exposición sobre a obra de Bernardo Pérez, mítico fotoxornalista con medio século de carreira ás súas costas. Hai máis de 200 instantáneas con retratos feitos por todo o mundo, tanto dos máis famosos coma dos máis desfavorecidos.
Baixo o título 'Bernardo Pérez. Comprometido coa realidade. Retrospectiva dun fotoperiodista (1976-2021)', o Centro Torrente Ballester ofrécenos un paseo por unha obra que arranca en 1976. O autor traballa no diario El País dende aquel ano da súa fundación.
Cando lle preguntamos en cantos países traballou di que sería mellor preguntar en cantos países non traballou.
Cando foi retratar a don Gonzalo Torrente Ballester, este recibiuno en bata e díxolle: "É que o que vostede ve agora aquí é o que eu son".
Cando lle preguntamos para que serve o fotoperiodismo responde que o fotoperiodismo é periodismo.